Servicios Informáticos de Investigación
Xoves, 11 Marzo
Sistemas | Servidor de reenvío HTTP (proxy)

Existen determinados casos en que algunhas aplicacións disponibles vía web teñen o acceso ás mesmas limitado a direccións propias da Universidade de Vigo, por motivos de seguridade na meirande parte dos casos.

Para que os usuarios que por motivos do seu traballo necesiten acceder a estas aplicacións dende os seus domicilios disponse dun servidor de reenvío (servidor proxy) que permite que os usuarios que estén autorizados se conecten a este servidor para obter esas páxinas. Este servidor proxy conéctase ó servidor web de destino para obter as páxinas e envía as páxinas ó usuario. De todos xeitos o servidor proxy só da un servicio adecuado cando as aplicacións ás que se accede son vía web e non manexan de forma directa as conexións HTTP (usando algún tipo de control Active X ou Applet) senón que fan as peticións de páxinas a través do navegador (que é o máis habitual).

O usuario únicamente ten que configurar no seu navegador o servidor de reenvío que quere empregar, que será o proporcionado polos servicios informáticos de investigación con este fin, e que é o seguinte:

  • Servidor: proxy.uvigo.es
  • Porto: 3333

Unha vez configurado o navegador para que empregue o servidor de reenvío o uso de este é transparente para o usuario, que accede ás páxinas do xeito normal. Neste documento indícase cómo configurar o emprego dun servidor de reenvío dende Netscape Communicator ou Internet Explorer.

Tanto nun como noutro caso a primeira vez que se acceda a este servidor de reenvío despois de abrir o navegador este pedirá ó usuario un nome de usuario e contrasinal. Deberá indicar o nome de usuario e contrasinal que teña no servidor de correo correo.uvigo.es.

Con algúns navegadores a primeira vez que consulte unha páxina despois de configurar o navegador e autentificarse co servidor proxy aparecerá un erro. Probe a cargar de novo a páxina, amosarase de xeito correcto.

Para que o acceso sexa posible este usuario ten que ter os permisos necesarios para poder empregar este servicio. En principio todos os usuarios con conta de correo en correo.uvigo.es teñen acceo a este servicio.

En caso de que teñan problemas co acceso a este servidor poden contactar co administrador do mesmo, na dirección proxy@uvigo.es (ou admon@uvigo.es), xustificando a necesidade de empregar este servicio.

Poden consultar as estatísticas de uso deste servidor en esta páxina.

[arriba]

Normas e características de emprego de este servicio

Este servicio está suxeito a unhas normas básicas de uso. En caso de que sexan modificadas as modificacións serán reflexadas en este documento.

  • Este servicio ten como finalidade que os usuarios o empreguen para acceder a páxinas web necesarias para a súa actividade laboral, non debe ser usado en todo caso con fins axenos a este.

  • O usuario e contrasinal empregados son os mesmos que para o usuario de correo que se teña, por tanto as precaucións no uso do contrasinal deben ser as mesmas, non debendo o usuario comunicar o seu contrasinal a terceiros nin permitir o emprego da súa conta por outros usuarios

  • Se accede dende un ordenador de uso público (cibercafé, aula pública de internet, etc.) empregando este servicio deben asegurarse de que cando deixen de facer uso do mesmo deben pechar todas as fiestras do navegador existentes no ordenador que estaban a usar, xa que de non ser así este poderá gardar o usuario e contrasinal do usuario e ser empregados por outra persoa, xa sexa de forma intencionada ou non.

  • Neste servidor de reenvío, e con arreglo á lexislación vixente, podrá filtrarse o acceso a determinadas páxinas web de destino en caso de que se teña coñecemento de que exista onñecemento suficiente de que a páxina de destino está a infrinxir a lexislación vixente, de acordo co previsto na "Ley de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico" (LSSI).

  • Neste servidor mantense un rexistro das solicitudes de páxinas efectuadas ó mesmo. Este rexistro mantense únicamente para poder detectar e resolver problemas de funcionamento no servidor proxy e para resolver posibles incidentes de seguridade que afecten ó servidor. Os datos neste rexistro só se gardan durante o tempo necesario para este uso e serán empregados únicamente con este fin ou para obter estadísticas de uso do servidor conforme os térmos indicados na lexislación vixente.

[arriba]

Configuración de Netscape Communicator

A configuración que se indica neste apartado foi tomada dun navegador Netscape Communicator versión 4.7 en inglés, a configuración en versións distintas pode variar.

  • Dende o menú "Edit" (o "Editar") según a linguaxe do navegador na parte superior elixir a opción "Preferences" ("Preferencias").

  • Esto abre unha nova fiestra dende a que se pode modificar a configuración do navegador. Seleccionar na parte esquerda de esta fiestra a opción "Advanced" ("Avanzada") e dentro de esta opción "Proxies".

  • Preséntase na mesma fiestra un menú dende o que se poden configurar os servidores de reenvío (proxy) empregados por Netscape.

  • Seleccionar a opción "Manual proxy configuration" ("Configuración manual") e pulsar o botón "View" ("Ver") situado ó lado de esta opción.

  • Aparece unha pantalla ("View Manual Proxy Configuration" ou "Ver Configuración Manual de Proxy") dende a que se poden editar os servidores proxy empregados.
    Indicar:

      HTTP Proxyproxy.uvigo.es Port3333
      Security Proxyproxy.uvigo.es Port3333

[arriba]

Configuración de Internet Explorer

En este apartado descríbese a configuración do servidor proxy nun navegador Internet Explorer 6 en castelán, a configuración noutras versións deste programa pode variar.

  • Dende o menú "Herramientas" empregar a opción "Opciones de Internet" Ó acceder a esta opción aparece unha fiestra con varias pesatañas para abrir distintos menús de opcións.
    Elixir a opción de nome "Conexiones".

  • A opción a elexir a continuación depende do tipo de acceso á rede que se teña:

    • Acceso telefónico (módem):
      Aparecerá unha lista coas conexións que se teñan configuradas, baixo o nome "Configuración de acceso telefónico".
      Seleccionar a conexión que se empregue e premer no botón "Configuración", que hai á dereita.
      Aparecerá unha fiestra na que se pode configurar si se emprega ou non un servidor de reenvío para acceder ás páxinas web.
      Seleccionar a opción "Usar servidor proxy" e indicar como servidor:
        Servidorproxy.uvigo.es
        Puerto3333
    • Conexión fixa á rede:
      Seleccionar a opción "Configuración de LAN".
      Ó premer este botón aparece unha fiestra na que se pode configurar si se emprega ou non un servidor de reenvío para acceder ás páxinas web.
      Seleccionar a opción "Usar servidor proxy" e indicar como servidor:
        Servidorproxy.uvigo.es
        Puerto3333

  • Tanto no caso dunha conexión telefónica comano dunha conexión fixa pode seleccionar na opción de configuración "Usar servidor proxy" o botón "Avanzadas", para seleccionar os servicios para os que se empregará este servidor.
    Neste caso debe quitar a opción "Usar el mismo servidor para todos los protocolos" e selecionalo como proxy para os protocolos HTTP (acceso a páxinas web normais) e Seguro (acceso con HTTPS a páxinas web seguras).

[arriba]