|
Instalación de tomas de rede
Tódolos
centros da Universidade dispoñen de cableado para o acceso
á rede de datos e telefónica. Se nalgún lugar non
se dispón de tomas de rede, estas só se poden instalar por
persoal especializado. Para iso hai que poñerse en contacto
cos Servicios Informáticos, os cales farán unha valoración
das necesidades e enviaránllelas ás empresas certificadas
para que fagan un orzamento. Se este orzamento é aceptado
polo centro, departamento ou servicio, procederase á instalación.
Conexión de ordenadores á rede de datos
Para conectar
un ordenador á rede de datos é necesario un número IP, asignado
polos Servicios Informáticos, e unha tarxeta de rede. Para
para solicita-lo IP hai que encher-lo formulario dispoñible aquí,
e envia-lo formulario por correo interno. A tarxeta de rede pode mercarse co ordenador,
ou ben en calquer tenda de informática (recomendamos a
marca 3Com para a tarxeta).
Conexión de varios ordenadores a unha roseta
Neste caso
é necesario un dispositivo denominado minihub, co cal se
pode dar servicio ata 7 PCs. Estes equipos poden mercarse en calquer tenda de informática
(recomendamos a marca 3Com para o minihub).
Unha vez mercado, podes instalalo ti mesmo ou ben avisar ós Servicios Informáticos.
Asignación de nomes a ordenadores
Se queremos
que un ordenador teña un nome en Internet, dentro do dominio
uvigo.es, temos que enche-lo formulario correspondente
aquí e envialo por
correo interno.
Acceso dende o domicilio
A universidade
dispón de contas de acceso por módem para que os investigadores/as
e o persoal poidan acceder a Internet dende a casa. Para
iso hai que enche-lo formulario dispoñible aquí
e envialo por correo interno. As instruccións para configura-lo
acceso dende casa pódense ver aquí.
[arriba]
|